Oral presentation |
A14 A15 A17 A24 A26 A32 B1 B3 B5 B13 |
Aínda que se trate de levar a cabo traballos de carácter colectivo ou integrados dentro dun entorno social determinado, tamén é necesario que o alumnado tome conciencia da súa contribución ao mesmo e saiba reivindicalo e expoñelo. De aí que se avalíe a presentación ao resto da clase dos respectivos traballos e/ou aportacións por parte do alumnado, de xeito individual. |
10 |
Research (Research project) |
A1 A4 A14 A15 A17 A18 A19 A21 A24 A26 A30 A31 A32 A36 B1 B3 B4 B5 B11 B12 B13 B14 B27 C4 C6 C8 |
O alumnado, de forma individual ou colectiva, realizará o traballo/proxecto de carácter teórico práctico, no que se prestará especial atención ás funcións e efectos das políticas sociais e servizos sociais.
Este traballo estará dirixido ou titelado polo profesor.
O alumnado deberá recoller no mesmo os coñecementos aprendidos, a información secundaria recabada, así como outra de carácter primario que sirva para o propósito da investigación a realizar.
Este traballo é a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflictir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados. |
40 |