Traballos tutelados |
A4 A8 A14 A17 B1 B3 B16 B26 C1 |
Para os traballos tutelados haberá dúas formas de avaliación, ambos baseados en traballos en grupo:
Opción A. Realización dun estudo tutelado da mobilidade entre alumnos, PDI e PAS da Facultade de Socioloxía da UDC. Este estudo busca coñecer os hábitos de mobilidade e o grao de conciencia ambiental na facultade, así como identificar as claves para promover hábitos máis sostibles medioambientalmente. Os seus resultados avaliaranse en clase conforme á calidade nas fases de deseño da investigación, traballo de campo e análise. De obter a máxima cualificación, as conclusións serían incorporadas á Ecoauditoría da facultade e formarían parte do plan de acción para a obtención do certificado Green Campus, có debido recoñecemento aos seus autores/as.
Opción B. Realización dun traballo teórico en grupo sobre un tema relacionado co tema dos impactos ecolóxicos e ambientais na Galiza. Este traballo consistirá na elección dun tema pertinente, revisión bibliográfica en profundidade a través da literatura sociolóxica e outras fontes de información e definición do problema e do estado da cuestión en investigación sociolóxica. O resultado deste traballop resentarase en formato póster, sendo avaliado na clase e posteriormente exposto e presentado en público na facultade no marco dunhas xornadas sobre Ciencias Sociais e Problemas Ambientais da Galiza. Os temas serán de libre elección por parte dos alumno/as, previa consulta co profesor do curso.
|
80 |
Análise de fontes documentais |
A4 A8 A14 B3 B16 B26 C1 |
Realización individual de comentario de texto crítico de dúas lecturas recomendadas con relación directa coa materia do curso. A realización desta análise crítica non é obrigatoria para superar o curso, pero aporta un 20% da nota final.
|
20 |