Análise de fontes documentais |
Consistirá na análise de artigos referidos a temáticas da materia. Poñerase especial énfase no estudo de traballos en lingua inglesa de publicacións incluídas en JCR. Compromete un importante traballo do alumno, quen analizará documentación,achegada polo profesor ou localizada polo propio estudante, para posteriormente proceder á súa discusión nas sesións presenciais. |
Sesión maxistral |
Exposición dos contidos da materia, con soporte audiovisual. A pesar das característuicas concretas desta metodoloxía, buscarase a implicación activa do alumno, así como a significación das aprendizaxes |
Proba mixta |
Constitúe unha das ferramentas de avaliación. Conterá cuestións tanto conceptuais como de aplicación dos contidos e actividades desenvolvidas ao longo da materia |
Traballos tutelados |
Forma parte da avaliación e serán realizados en grupos de entre 2 e 4 alumnos. Devanditos traballos tendán que facer referencia a algún aspecto específico do temario da materia e poderán consistir en:
- Revisión e análise de bibliografía. Deberán analizarse un mínimo de 8 traballos publicados en revistas incluídas en JCR
-Deseño e programación de procesos de prescrición de exercicio físico saudable. A implementación poderá ser simulada, pero detallada en todos os seus apartados
Na primeira metade do cuadrimestre, será asignado a cada un dos grupos algún dos profesores da materia quen tutorizará o traballo. Os principais aspectos, resultados e/ou conclusións do traballo serán expostos por parte de cada un dos grupos ao titor asignado. |
Presentación oral |
Análise do tarballo tutelado, con exposición dos elementos do deseño así como dos resultados obtidos. |
Solución de problemas |
Realización de breves traballos que impliquen a resolución dalgunha cuestión exposta ao longo das actividades presenciais (lección maxistral, obradoiros etc.) |