- Dado o carácter teórico-práctico da materia, diversas metodoloxías expostas están encamiñadas a favorecer que o alumno adquira aprendizaxes que lle resulten de maior dificultade; deste xeito o traballo sobre as prácticas motrices poderá ser de gran interese para familiarizarse
coa observación das habilidades específicas da natación e expor de tarefas que faciliten a consecución dun determinado obxectivo; aínda que dada a posibilidade grupal do traballo, á súa vez poderá resultar proveitoso para aqueles alumnos que carezan dunha elevada competencia motriz en natación
- Por outra banda, a posibilidade de realizar algunha saída de campo dirixido á observación e análise das actividades realizadas nun club que traballe a disciplina da natación,
permitirá familiarizarse coa contorna, observar e analizar o traballo desenvolvido nas mesmas e poñer en prácticas con alumnos reais, non compañeiros, algúns coñecementos e experiencias adquiridos na materia.
|