Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Arquitectura |
Grao en Estudos de Arquitectura |
Asignaturas |
Representación avanzada en Arquitectura |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Representación avanzada en Arquitectura | Código | 630G02051 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Quinto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Presentación e explicación das peculiaridades da matera, así como da área da cidade a intervir durante o curso. Organización do cuatrimestre coa formación de grupos |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e outros recursos, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Os contidos teóricos da materia iranse expoñendo de manera non lineal, na secuencia que o profesorado estime mais oportuna para obter os mellores resultados e en función da heteroxeneidade do grupo. |
Prácticas de laboratorio | Realizarase de maneira individual no Laboratorio Informático da ETSA coa finalidade de adquirir coñecementos xerais sobre programas BIM e dotar de ferramentas para poder levar a práctica ditos coñecementos |
Traballos tutelados | Realizase un traballo supervisado, o cal implica un importante labor autónomo non presencial por parte do estudantado, o cal analizará unha parte da cidade coa finalidade de propor pequenas intervencións de mellora no ámbito urbano plantexado, expresadas a través de diferentes medios gráficos, e poñendo atención na diversidade e con perspectiva de xénero. O traballo organízase en bloques, con entregas independentes; elaborarase en grupos de 3 persoas e ao longo do curso realizaranse titorías de control do desenvolvemento do mesmo |
Presentación oral | O estudantado de cada grupo deberá expoñer o Traballo Tutelado ao final do catrimestre. En dita exposición participarán obligatoriamente tod@l@s membros do grupo. Preténdense dous obxetivos: que sexan capaces de expoñer as suas ideas e resultados, e que sexan partícipes dos contidos e presentación dos exercixos d@s demais compañeir@s |
Proba obxectiva | Realizarase unha proba escrita dun máximo de dúas horas de duración ao final do curso, a cal versará sobre os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais e os desenvolvidos na práctica tutelada |
|