- Non se recollerán traballos unha vez finalizado o prazo de entrega, nin se recuperarán as prácticas perdidas.
- Para aprobar o curso hai que sacar unha nota final mínima de 5 sobre 10. E no examen hai que obter un mínimo de 4/10 en cada parte dos contidos (gramática e Inglés técnico).
- Na oportunidade de fin de cuatrimestre é necesario chegar ao 3.5 no exame (x/7) para que se sume ás notas das outras probas realizadas ao longo docurso (x/3). En caso contrario, a nota final global máxima será 4.8 (x/10) e o alumno terá que examinarse de novo en Xullo. Os alumnos que non se presenten ao examen (x/7) acadarán a calificación de NP.
- O exame de Xullo incluirá tódalas probas realizadas ao longo do curso e suporá o 100% da nota (x/10).
- O exame da convocatoria adiantada de Decembro incluirá tódalas probas realizadas ao longo do curso e suporá o 100% da nota (x/10).
- O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.
- Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender ós membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode poñerse en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 981 167000, extensión 5622 ou na dirección de email adi@udc.es
- Os
criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1, A-III/2 e A-III/6 do Código STCW e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade teranse en conta á hora de deseñar e realizar a
avaliación.