Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A3 A4 A7 A9 A10 A11 A14 A18 A20 A21 A25 A31 A32 A33 A35 A42 A43 A47 A52 A54 A55 A56 A58 A59 A60 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B10 B11 C1 C2 C3 C4 C6 • Esta valoración será un 20% da nota final: 10% realización das prácticas e 10 % confección da libreta de laboratorio.
• A non asistencia á prácticas de laboratorio supón o suspenso na asignatura. En casos moi xustificados pódese suplir a asistencia mediante a realización dun exame práctico relacionado coas prácticas non realizadas.
20
Seminario A1 A3 A7 A14 A17 A20 A32 A35 A55 A60 B1 B2 B5 B7 B8 B10 B11 C1 C4 C9 C10 C11 C12 C13 • A participación activa nos seminarios representa un 15% da cualificación final. Valórase a participación resolvendo problemas, prantexando dúbidas, e respostando cuestións que indique o/a profesor/a. así como a entrega dos exercicios propostos. 15
Proba mixta A1 A3 A4 A7 A14 A17 A19 A20 A21 A31 A32 A34 A55 A56 B1 B2 B6 B7 B9 B10 C1 C4 • A cualificación do exame equivaldrá o 50% da nota do curso (repartido do seguinte xeito: o 40% corresponderá á teoría, o 50% problemas e o 10% restante ás preguntas laboratorio).
• Unha nota inferior a 4 en teoría ou en problemas suporá o suspenso da asignatura. Aquelas notas comprendidas entre un 4-5 poderán compensarse coas puntuacións das outras actividades avaliables. Senon é así, manterase a nota da parte compensable ata a segunda oportunidade dentro do mesmo curso académico
• No caso de realizarense exames parciais, para aproba-la asignatura debe obterse neles unha nota superior a 4. Pode compensarse a nota suspendida, entre 4 e 5, coas puntuaciónes das outras actividades avaliables, e de non ser así, terase en conta a nota compensable ata o exame final (primera e/ou segunda oportunidade) dentro do mesmo curso académico.
50
Simulación A1 A4 A14 A17 A18 A20 A34 A35 A48 A59 B1 B2 B4 B6 B7 B11 C1 C2 C3 C4 • A valoración desta parte da asignatura contará un 5% da cualificación total. O/a alumno/a deberá obter resultados con programas de simulación e saber interpretarlos.
5
Proba de resposta múltiple A1 A3 A4 A7 A14 A17 A19 A20 A30 A31 A32 A34 A54 A55 A56 A59 B1 B2 B6 B7 B9 C1 C3 C4 Este conxunto de probas, exclusivamente ON-LINE, computará un máximo dun 10% sempre e cando se realicen nos prazos sinalados. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura será sempre preciso obter, tanto na proba obxetiva como na simulación e nas prácticas de laboratorio unha nota non inferior a 4.0 sobre 10, e acadar unha nota global mínima de 5.0 sobre 10 (a contribución de cada actividade avaliable á cualificación global é a indicada nesta guía docente). 

Dacordo cos profesores, os/as estudantes que no aprobaren na primera oportunidade -según se indica no apartado anterior- poden conservar, para a segunda oportunidade, as cualificaciones obtidas nas outras actividades avaliables con cualificación igual ou superior a 4.0 sobre 10. O igual que antes, o aprobado implica acadar unha nota global mínima de 5.0 sobre 10 (a contribución de cada actividade avaliable á calificación global é a indicada nesta guía docente).

En ambas oportunidades de non acadar a nota mínima de 4
sobre 10, esixida nas actividades para as que previamente así se ten
establecido, e, nembargante, a media ponderada é igual ou superior a
5 sobre 10, a asignatura figurará suspensa coa cualificación de 4.5 sobre 10. Os/as estudantes que teñan
aprobada a proba mixta e que a súa media ponderada sexa inferior a 5.0 sobre 10,
excepcionalmente e segundo o criterio do profesorado da asignatura, poderán
someter a valoración unha nova versión do exercicio de simulación e/ou da
libreta de laboratorio. Neste caso o/a estudante se lle solicitará a realización e entrega do devandito material fora do período de exames da correspondente
oportunidade, isto sempre que os prazos razoablemente o permitan.

Cualquier estudiante que realice actividades avaliables considerase como presentado sempre e cando as mesmas representen máis do cuarenta por cento da nota global.

Polo que atinxe o alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia son de aplicación os criterios anteriores agás a asistencia e
participación nos seminarios. Neste caso disporán das actividades a realizar
nos seminarios, que deberán entregar/enviar segundo se indique no MOODLE ou
polo medio telemático que oportunamente se estableza.

Durante a realización da proba obxectiva, en calquera de ambas
oportunidades, agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de cualquera dispositivo con acceso a
Internet. Pese a que non se aconsella traer ditos dispositivos á devandita
actividade, poderá habilitarse un espazo para o seu almacenamento, sen que elo
implique ningún tipo de responsabilidade por parte da UDC, da Escola ou dos
profesores presentes durante a proba obxectiva. Se durante a realización da
proba obxectiva, hai indicios do uso deses dispositivos, automaticamente o/a
estudante será expulsado do aula, a proba obxectiva cualificada con suspenso e
se informará por escrito á dirección do centro segundo establece a normativa correspondente.

Por lo que atinxe a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e, polo tanto, tódaslas actividades deben de volver a realizarse coa novo curso.

Aclaracións en relación o convenio STCW. Co gallo de facilita-la adquisición de competencias segundo o convenio STCW nas asignaturas específicas desta titulación, a avaliación tense adaptado de xeito que é consistente
cos criterios de avaliación da competencia recollidos na Columna 4 dos seguintes
cadros do Convenio STCW, modificado por Manila 2010:

  • Cadro A-V/1-1-1. Especificación das normas mínimas de competencia
    en formación básica para operacións de carga en petroleiros e quimiqueiros.
  • Cadro A-V/1-1-2. Especificación das normas mínimas de competencia
    en formación avanzada para operacións de carga en petroleiros.
  • Cadro A-V/1-1-3. Especificación das normas mínimas de competencia
    en formación avanzada para operacións de carga en quimiqueiros
  • Cadro A-V/1-2-1. Especificación das normas mínimas de competencia
    en formación básica para as operacións de carga en buques tanque para o
    transporte de gas licuado.
  • Cadro A-V/1-2-2. Especificación das normas mínimas de
    competencia en formación avanzada para operacións de carga en buques tanque
    para o transporte de gas licuado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes