Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría da Auga (plan 2012)
 Asignaturas
  Físico-química e calidade da auga
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A5 A16 A19 A20 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 A asistencia ás seminarios e o traballo desenvolvido nestes teranse en conta para a nota final 50
Sesión maxistral A1 A2 A5 A16 A19 A21 A25 B5 O coñecemento dos conceptos desenvolvidos nas conferencias maxistrais será avaliado e considerado para a nota final 50
 
Observacións avaliación
-Probas: resposta breve e exercicios

A avaliación da parte teórica das unidades temáticas da materia realizarase mediante un control de tipo test ao final do cuadrimestre. O desenvolvemento da materia docente levará a resolución de problemas prácticos que se avaliarán ao final de cada tema mediante un control. O valor global sobre o total da materia será do 50%.

-Saídas a campo:
Organizaranse saídas a campo co obxecto de que o alumno poida poñer en práctica parte dos coñecementos adquiridos na materia

-Prácticas de laboratorio
Os alumnos acudirán ao laboratorio onde poñerán en práctica os coñecementos adquiridos para:
? ?Realizar o deseño dunha campaña de campo
? ?Realizar as análises necesarias para obter o valor dos diferentes parámetros físico químicos das mostras de auga recollida nas campañas de campo organizadas

Previo á posta en marcha do traballo no laboratorio, o alumno realizará unha preparación teórica básica para cada práctica proposta, que consistirá en ler o guión para coñecer o obxectivo da práctica, saber o que vai facer e por que, coñecer perfectamente o manexo do equipo que vai utilizar e realizar os cálculos necesarios para o seu desenvolvemento experimental. Antes de iniciar a sesión práctica, o alumno será convocado para avaliar se está en disposición de comezar a práctica.

Ao final do curso, os alumnos presentarán un traballo relacionado co traballo de campo e traballo de laboratorio cuxo valor global da materia será do 50%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes