Problem solving |
A1 A2 B2 B3 B4 B9 B8 B7 C10 C11 C12 C13 C15 C16 |
Exponse unha serie de problemas que o estudante debe resolver a partir dos coñecementos que se traballaron en teoría |
20 |
A materia pódese superar de dúas maneiras: 1) Avaliación continua. Para poder ser avaliado/a de esta forma, o/a estudante deberá asistir polo menos ao 80% das clases de problemas, entregar polo menos 4 das 5 prácticas e realizar polo menos 4 das 5 probas que se farán ao longo do cuadrimestre. A nota final calcularase da forma seguinte: (nota do exame) x 0’6 + (nota de curso) x 0’4
• Exame final (xaneiro ou xullo): é necesario obter polo menos o 40% da puntuación. • Probas: realizaranse 5, unha ao final de cada bloque, en horario de clase e previamente anunciadas. A nota das probas representará a metade da nota de curso. • Prácticas: propoñeranse 5, unha ao final de cada bloque, en horario de clase e previamente anunciadas. Para a súa resolución poderanse formar grupos de dúas persoas, que recibirán a mesma cualificación; tamén se poderá resolver e entregar individualmente. Non se poderá repetir a composición dun grupo de dúas persoas en dúas prácticas distintas. A nota das prácticas representará a metade da nota de curso.
Para superar a materia a nota final deberá ser maior ou igual a 5 sobre 10.
2) Exame final. O/a alumno/a debe obter polo menos 5 puntos sobre 10 no exame final de xaneiro ou de xullo.
|