Teaching GuideTerm University College of Physiotherapy |
Grao en Fisioterapia |
Subjects |
PHYSIOTHERAPY FOR STATIC AND DYNAMIC CONDITIONS IN THE VERTEBRAL COLUMN |
Methodologies |
|
|
|
Identifying Data | 2019/20 | |||||||||||||
Subject | PHYSIOTHERAPY FOR STATIC AND DYNAMIC CONDITIONS IN THE VERTEBRAL COLUMN | Code | 651G01015 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Second | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Introductory activities | A través desta actividade inicial exporanse os/as alumnos/as os diferentes apartados da guía académica de forma detallada, e resolveranse as dúbidas relativas a calquera dos aspectos de programación da materia. Tratarase ademais de identificar os intereses e motivacións do/a alumno/a co obxectivo de facilitar o proceso de aprendizaxe. |
Guest lecture / keynote speech | As sesións maxistrais correspóndense ás clases programadas no calendario académico como docencia teórica. Estas clases serán impartidas na aula nº2 (planta soto). Presentaranse os aspectos crave da materia de maneira sintética e secuencial, co obxectivo de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe do alumno/a. Estas sesións reforzarán o material elaborado e colgado en Moodle pola profesora. Realizaranse mediante exposición oral, con ou sen apoio audiovisual. Estará destinada fundamentalmente á obtención de resultados da aprendizaxe do plano cognitivo. I) Dentro do horario asignado a estas sesións contémplase á súa vez a realización de Talleres. Os talleres estarán orientados fundamentalmente á obtención de resultados da aprendizaxe relacionados co saber facer. Durante a realización dos talleres o profesor guiará ao alumno/a na adquisición de habilidades psicomotoras relacionadas coa valoración e coa aplicación do exercicio terapéutico. A vantaxe desta metodoloxía radica en que é o propio alumno/a o que vivencia a experiencia de ser avaliado/a e/ou guiado/a na execución dunha serie de exercicios terapéuticos, facilitando así a identificación dos obxectivos e da metodoloxía de aplicación das diferentes modalidades de exercicio terapéutico. A asistencia aos talleres é obrigatoria. II) Estas sesións reforzaranse á súa vez coa realización simultánea doutras actividades tales como a análise de fontes documentais (bibliográficos e/ou audiovisuais) relevantes para a materia; a aprendizaxe cooperativa ou prácticas a través de Tics, que contribuirán a identificar a práctica baseada na evidencia e reforzarán a adquisición dos resultados da aprendizaxe. |
Laboratory practice | Esta metodoloxía permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, realización de probas de valoración clínica, exploracións ou exercicios. O laboratorio ofrece unha excelente oportunidade para adquirir competencias técnicas, metodolóxicas, sociais e participativas. Estas prácticas irán dirixidas especialmente á adquisición de resultados da aprendizaxe no plano psicomotor ou do saber facer; e no plano subxectivo ou do saber ser. Están relacionadas co tema 1 e tema 4 sobre a aplicación das distintas probas de valoración da postura e do movemento da columna vertebral, así como das diferentes modalidades de exercicio terapéutico. As prácticas de laboratorio realizaranse no laboratorio de Fisioterapia Especial (2ª planta). O grupo de alumnos matriculados na materia distribúese en 6 grupos, cada un dos cales recibirá 2 horas de prácticas de laboratorio semanalmente (respectarase a distribución oficial dos grupos). O alumno/a debe asistir ás mesmas con pixama clínico, bañador ou roupa deportiva similar, e sabanilla ou toalla. I) Estas prácticas complementaranse coa elaboración dun portafolio individual sobre tales prácticas. Cada alumno/a deberá entregar o seu portafolio, en formato dixital, ao final do curso. Este debe incluír: - os resultados de todas as probas de valoración realizadas (resultados de sí mesmos) - unha conclusión sobre tales resultados - unha proposta de, polo menos, 4 exercicios que estarían indicados para a prevención ou tratamento das posibles desviacións ou síndromes detectadas na columna vertebral - unha reflexión sobre a aprendizaxe adquirida II) Estas prácticas se complementarán a su vez con un estudio de casos. Búscase a través desta actividade promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes. O/a alumno/a deberá realizar un estudo sobre un caso clínico. Esta actividade levarase a cabo en colaboración con outros 2 compañeiros/as (grupos de 3-4 alumnos/as) a partir da composición dos grupos das clases prácticas, onde un dos/as alumnos/as asumirá o rol de caso clínico. Deberase entregar a composición dos grupos o primeiro día de prácticas de laboratorio á profesora, nunha folla coa firma dos 3-4 integrantes. Está actividade está relacionada fundamentalmente co tema 1 e tema 4 sobre a aplicación das distintas probas de valoración da postura e do movemento da columna vertebral, e a capacidade para seleccionar diferentes modalidades de exercicio terapéutico para o devandito caso clínico. Requisitos para a súa elaboración, presentación e entrega: 1. Debe incluír os resultados da exploración subxectiva, da exploración estática e dinámica da columna vertebral. - Para a exploración subxectiva incluirase unha descrición da anamnesis do/a alumno/a explorado segundo guión dado en clase. - Para a exploración estática incluirase un mapa corporal coa representación da liña da plomada, e símbolos das principais alteracións estáticas do plano frontal e saxital. Deberase incluír os resultados da proba da plomada e da inspección en ambos os planos, así como de todas aquelas probas complementarias da estática. Para evidenciar os resultados presentaranse fotos de tales probas. - Para a exploración dinámica presentaranse vídeos con cada unha das probas. - Incluirase ademas a interpretación dos resultados obtidos cando éstes non se correspondan á normalidade; e unha conclusión xeral a partir de tales resultados. 2. Ao final do traballo farase unha proposta de, polo menos, dous exercicios indicados para a prevención ou tratamento das posibles desviacións ou síndromes relacionadas coa columna vertebral detectados no caso clínico. 3. Integrarase no devandito traballo os resultados obtidos sobre a valoración da composición corporal impartidos na materia de Cinesiterapia: bases do exercicio terapéutico. 4. Presentarase oralmente en clase, en formato power-point preferiblemente. Esta presentación será a que se entregue á profesora. Poderase utilizar o apartado de notas do power-point para calquera información complementaria. 5. Entregarase nun pen-drive, identificando o traballo co nome dos/as 3-4 alumnos/as: primeiro apelido e nome (de cada un dos compoñentes). 6. Data de presentación e entrega: a semana anterior a Semana Santa. 7. É obrigatorio a súa presentación para asistir ao exame. |
Mixed objective/subjective test | Véxase apartado de Avaliación |
Practical test: | Véxase apartado de Avaliación |
|