Guía DocenteCurso Facultade de Fisioterapia |
Grao en Fisioterapia |
Asignaturas |
FISIOTERAPIA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | FISIOTERAPIA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA | Código | 651G01025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba práctica | A6 A7 A8 C1 | Exame práctico de todos os contidos da materia. Os alumnos terán dúas opcións realizar a proba práctica: 1. Ao longo do curso, xa que se realizará unha ou varias probas de avaliación durante as prácticas. 2. Nas oportunidades oficiais de xaneiro e xullo. Os alumnos que superasen a opción 1 pero queiran subir a nota mediante a opción 2, poderán presentarse a este última pero non se lles manterá a nota anterior. |
30 |
Sesión maxistral | A1 A3 A7 A17 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 C9 | Os contidos tratados nestas clases serán obxecto de avaliación mediante a proba mixta. Valorarase tamén a asistencia e puntualidade de forma continuada durante todo o curso e a participación no proceso de revisión crítica da literatura científica Esta avaliación suporá un 10% da nota final. | 10 |
Proba mixta | A1 A3 A7 C1 | Exame de todos os contidos da materia, que inclúe os tratados nas sesións maxistrais e prácticas. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test e/ou preguntas de resposta breve e/ou para desenvolver. Superar esta proba será requisito indispensable para aprobar a materia. Os alumnos terán dúas opcións para superala: 1. Ao longo do curso, xa que se realizarán distintas probas de avaliación dos contidos. Para superar esta opción, os alumnos deberán sacar polo menos un 5 sobre 10 en cada unha das probas propostas polo profesorado. 2. Nas oportunidades oficiais de xaneiro e xullo. Os alumnos que superasen a opción 1 pero queiran subir a nota mediante a opción 2, poderán presentarse a este última pero non se lles manterá as nota anterior. |
60 |
Observacións avaliación | |||
As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; non obstante a suma dos valores de proba práctica e mixta non será inferior ao 80% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 20% |
|