Metodoloxías
|
Prácticas clínicas |
Proba clínica |
Seminario |
|
Descrición |
O obxectivo primordial será orientación, apoio e motivación para facilitar o proceso de aprendizaxe.
Farase de forma presencial (directamente na clínica e nos momentos que o profesor ten asignados a tutorías de despacho) e/ou de forma non presencial (a través de correo electrónico ou do campus virtual).
Durante as sesións clínicas recoméndase a formulación de cuestións por parte dos alumnos/as (a participación é un elemento a ter en conta durante a avaliación continuada).
Abriranse diversos foros en moodle para tratar as dúbidas e outras cuestións, para que todos os estudantes poidan beneficiarse das achegas dos seus compañeiros.
Por tanto, a atención personalizada está orientada a axudar ao alumno na clarificación de conceptos interrelacionados, resolución de dúbidas e adquirir unha visión integrada deste corpo de coñecementos.
Ademais, ten o obxectivo de orientar ao estudante na procura e interpretación das fontes bibliográficas.
|
|