Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía |
Asignaturas |
Intervención psicopedagóxica nos trastornos do desenvolvemento |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Intervención psicopedagóxica nos trastornos do desenvolvemento | Código | 652511213 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A4 A5 A6 A7 A8 A14 B4 B10 | Plantexaranse diversos casos relacionados cos trastornos do desenvolvemento para a súa avaliación e intervención psicopedagóxica. | 10 |
Traballos tutelados | A9 A11 B5 | Ao longo do curso desenvolveranse diversos traballos nos que o alumnado deberá aplicar os coñecementos adquiridos. | 20 |
Aprendizaxe colaborativa | A12 A15 | Analizarase e avaliarase a capacidade e interese na aprendizaxe conxunta e do traballo en grupo. | 10 |
Análise de fontes documentais | A3 A4 A10 A13 B12 | De cara a facilitar o coñecemento e comprensión dos trastonos do desenvolvemento, analizaranse diversos artigos, manuais e documentos audiovisuais. | 10 |
Proba mixta | A3 A6 A9 A14 A16 | Os contidos teóricos da materia serán avaliados mediante unha proba escrita con preguntas tipo test e preguntas abertas de resposta breve. | 50 |
Observacións avaliación | |||
OPCIÓN A Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 80%: a) Elaboración e presentación de traballos (traballos tutelados, estudo de casos, aprendizaxe colaborativa, fontes documentais) (50%). Os traballos compilaranse nun dosier que será entregado para a súa avaliación na data indicada polo profesor. b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (50%). OPCIÓN B Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno do 28 de xuño do 2016): Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (100%). OBSERVACIÓNS ADICIONAIS: 1. Para superar a materia cómpre obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. 2. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio. 2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docente, ou b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. |
|