Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Subjects
  Research and Innovation in the Didactics of Initial Languages and their Literatures 
   Learning aims
Learning outcomes Study programme competences / results
Se atendemos ás competencias, ora xerais ora específicas, principalmente se centrarán na capacidade para resolver problemas, na comunicación oral e escrita na propia lingua, na habilidade no uso das TIC, na capacidade de crítica e autocrítica, no compromiso ético, na capacidade para aprender a traballar de forma autónoma, en comprender e posuír coñecementos, na aplicación de coñecementos, na capacidade de emitir xuízos, na capacidade de comunicar e aptitude social, na habilidade para a aprendizaxe, na adquisición dunha formación básica en instrumentos, técnicas e recursos para a investigación en Didáctica da Lingua e a Literatura, en aplicar coñecementos básicos na construción de instrumentos de investigación e análise de datos coñecemento e análise do marco epistemolóxico da Didáctica da Lingua e a Literatura, na identificación das liñas de investigación na Didáctica da Lingua e a Literatura: investigación centrada en procesos, metodoloxías, contextos, crenzas e contidos, e no deseño e desenvolvemento dun proxecto de investigación no ámbito da Didáctica da Lingua e a Literatura. Estaremos, portanto, a destacar os seguintes obxectivos / resultados da aprendizaxe: - coñecer as características e métodos propios da investigación en Didáctica da Lingua e a Literatura - identificar as principais liñas de investigación nesta Área de Coñecemento - deseñar un proxecto de investigación utilizando unha metodoloxía coherente e adecuada aos obxectivos do estudo - saber describir e contextualizar os problemas específicos relacionados coas metodoloxías de investigación no ámbito das Ciencias Sociais (sen deixar á parte os das Humanidades). Atenderase ao desenvolvemento de proxectos interdisciplinares innovadores orientados á adquisición das habilidades docentes e de investigación didáctica, á planificación de procesos de elaboración de proxectos interdisciplinares que integren de maneira coherente a identidade curricular das didácticas específicas e á icorporación dos proxectos de innovación, procedemientos e criterios para la avaliación conxunta da actividade docente e a aprendizaxe das diferentes didácticas específicas. AC10
AC12
AC13
AC14
AC15
AC16
AC17
BC1
BC4
BC6
BC8
BC11
BC13
CC1
CC3
CC6
CC9
CC12
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes