Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía |
Subjects |
Final Dissertation |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2019/20 | |||||||||||||
Subject | Final Dissertation | Code | 652602207 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | 2nd four-month period |
First | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Oral presentation | O TFM tense de defender ante un tribunal que configurase da forma que establezca a Xunta de Facultad ou de ser o caso, a comisión que tiver as competencias delegadas, segundo o número de alumnado matriculado e a temática dos diferentes TFM. Para a defensa do TFM o alumnado disporá dun máximo de 20 minutos. Os membros do tribunal contarán tamén cun tempo máximo de 20 minutos para formularen cantas preguntas e suxestións estimaren necesarias. |
Supervised projects | A extensión do traballo final é de sesenta páxinas máximo e corenta páxinas mínimo en DIN A4 (a dobre cara e a ser posible empregando material ecolóxico), escritas en letra Arial 11 a duplo espazo, sen considerar os posibles anexos (agás no itinerario de Artes). O alumnado entregará tres exemplares encadernados e unha copia en soporte informático en formato PDF. Na redacción utilizarase unha linguaxe directa, coidada e poderase acompañar de gráficos, esquemas e cadros. As frases literais ou ideas doutros autores o autoras incluídos no traballo estarán apropiadamente referenciadas ao longo do texto e no apartado de referencias. En caso contrario poderase considerar plaxio, e o suspenso directo do traballo ademáis das consideración que a normativa académica da UDC considere. Pódese consultar o tratamento do plaxio da UDC aquí: https://www.udc.es/es/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html Ademáis as citas e as referencias bibliográficas deben recollerse según as normas APA. Concretamente, o traballo presentado debe responder, en termos xerais, á estrutura que se determina a continuación: a) Portada Esta será a primeira páxina, que deberá levar o logo da UDC e incluír os seguintes datos: • Nome e DNI/NIE do/a alumno/a e especialidade docente • Nome do/a titor/a do TFM do Mestrado • Titulo do traballo. Deberá aparecer en galego, castelán e inglés, por esixencia da acreditación do título pola normativa europea. • Nome do centro onde se realizaron as prácticas docentes. • Data de peche do TFM. b) Índice O índice deberá reflectir os diferentes apartados do TFM, así como os anexos correspondentes a táboas, cadros, gráficos etc. É imprescindible que sexa un índice numerado e inclúa a paxinación do TFM. c) Introdución Aquí farase constar o propósito xeral do TFM e as partes en que se organiza, así como a xustificación da elección do tema e/ou ámbito de innovación ou investigación educativa. d) Fundamentación do TFM Neste apartado o alumnado incluirá os fundamentos teóricos e a xustificación do seu TFM segundo a especificidade deste. e) Desenvolvemento do TFM de acordo coa opción elixida (véxase o punto 2) f) Valoración persoal e conclusións Este apartado deberá ter unha extensión de entre cinco e oito páxinas e deberá incluír: – Unha valoración dos resultados obtidos no desenvolvemento do TFM e as súas conclusións. – Unha reflexión persoal que contiver, cando menos, ideas conclusivas a respecto dos seguintes aspectos: a) contraste dos coñecementos conseguidos nas distintas materias do Mestrado e as experiencias das prácticas educativas e b) reflexión sobre o nivel de desenvolvemento persoal das competencias adquiridas para ensinar dentro da especialidade docente. g) Referencias bibliográficas e recursos didácticos Indicaranse especificamente os materiais didácticos consultados ou utilizados para realizar o TFM. A bibliografía debe organizarse segundo as normas APA, que se poden consultar na seguinte ligazón: http://www.udc.es/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/publicar/citar.html h) Anexos Poderanse incluír os documentos que se consideraren pertinentes para a mellor comprensión e contextualización do TFM. |
|