Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe. |
A3 |
Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais. |
A4 |
Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes. |
A5 |
Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro; abordar e resolver posibles problemas. |
A6 |
Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país. |
A7 |
Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional. |
A8 |
Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá. |
A9 |
Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade e prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia. |
A10 |
Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. |
A11 |
Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación. |
A12 |
Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar. |
A13 |
Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro. |
A14 |
Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade. |
A15 |
Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
A16 |
Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos. |
A17 |
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. |
A18 |
Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |