Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras |
Asignaturas |
Iniciación á investigación educativa |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Iniciación á investigación educativa | Código | 652609E42 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 2 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral por parte da docente na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audiovisuais, así como da introducción de cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa fin de que a apredizaxe teña un carácter máis dinámico e permita a participación do alumnado. A estrutura das sesións maxistrais rexirase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, introducindo teóricamente cada un dos temas e subtemas; ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; e o traballo teórico complementarase en cada sesión coas actividaes que se levarán a cabo correspondentes ás fases do proceso de investigación. |
Proba mixta | Proba escrita para a avaliación de coñecemento que poderá integrar preguntas de tipo abertas (de desenvolvemento) e preguntas de tipo obxectivo, que poden combinar preguntas de selección múltipl, de resposta múltiple, discriminación, completar e/ou asociación. |
Traballos tutelados | Elaborarase un proxecto de investigación sobre unha temática suxerida polos/as estudantes. Cada una das partes do traballo a realizar será abordada teóricamente nas sesións expositivas previamente a fin de que o traballo sirva para reforzar os contidos teóricos, e os contidos teóricos sexan un apoio para a elaboración do traballo práctico por parte do/da estudante. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Presentación oral | Exposición verbal a través da que o alumnado (en grupos de 4-5 persoas) e a docente interactúan dun modo ordenado onde, nun primeiro momento, o grupo expón dun xeito orixinal e innovador a súa proposta de investigación e, en segundo lugar, a docente poderá propoñer cuestións, solicitar aclaracións de aspectos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
|