Mixed objective/subjective test |
A1 A4 A5 A15 A53 A54 A55 B1 B2 B9 B10 B19 |
Realizarase na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña. Será de carácter teórico-práctico, podendo conter preguntas tema, curtas e/ou tipo test. |
50 |
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. Non só bastará a asistencia senón que se computará tamén a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles. Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación que non alcanzasen ese mínimo. O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. Haberá que superar ambas as partes, a teórica e a práctica para aprobar a materia. Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo nos casos achegados no apartado de "Atención personalizada".
|