Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Socioloxía da educación |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía da educación | Código | 652G02004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A9 A23 B15 B22 B25 C7 | De cara ao proxecto a investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto. Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións. As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega. |
10 |
Discusión dirixida | A2 A11 A13 A14 B16 B21 B23 B24 C4 C6 C8 | Trátase de agudizar o razoamento crítico nesta materia e utilizar as categorías de análise plantexadas en cada sesión dedicada ós temas de discusión. Esta parte de asignatura intentará medir ou avaliar a participación, implicación e interese do alumno. O que, xunto coa asistencia correspondente, vería a supoñer aproximadamente un 20% da avaliación final. |
10 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A2 A6 A11 A13 A15 B16 B18 B22 B23 B24 B25 | O alumnado, de forma individual ou colectiva, realizará o traballo/proxecto de carácter teórico práctico. Este traballo estará dirixido ou titelado polo profesor. É a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflectir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados. |
40 |
Obradoiro | A11 A13 B15 B23 B24 B25 C4 C6 C8 | O obradoiro é para desenvolver un lugar de traballo no que o alumnado desempeñe o máis correctamente posible as súas funcións, entre as que están a asistencia, participación, aportacións válidas, resultado final, etc. Así pois, neste apartado se van a ter en conta todos esos aspectos. |
30 |
Presentación oral | A2 A6 A11 A13 A14 B18 B19 B22 B23 B25 C4 C4 | Outro dos aspectos importantes na formación do alumnado é o seu desenvolvemento á hora de facer e presentar informes de carácter técnico, de aí que no plantexamento da asignatura se asuma esta faceta como entrenamento e aprendizaxe de cara á formación completa e persoal do alumnado | 10 |
Observacións avaliación | |||
Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilidade técnica, interese, actitude, etc.). De aí que a asistencia, a participación, o interese, as valoracións propias e dos compañeiros e a exposición sexan tidas en conta á hora da avaliación.
A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico. Sendo a participación, o interese mostrado e a asistencia os outros pilares da asignatura. Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas. Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua. Para esta avaliación continua, será necesaria a asistencia mínima a un 80% das clases. Nos casos debidamente xustificados de ausencias ou prácticas, esta porcentaxe mínimo será do 60%. Para o resto de casos e convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico. O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua. Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores. |
|