Mixed objective/subjective test |
A1 A7 A57 A58 A59 A60 B1 B2 B9 B16 B21 B22 C1 C7 C8 |
Realizarase na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña. Será de carácter teórico e/ou práctico podendo conter preguntas curtas, tema e/ou tipo test.
|
40 |
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. Non só bastará a asistencia senón que se computará tamén a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles. Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada pola profesora. Terá que repetir as partes da avaliación que non alcanzasen ese mínimo. O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia.
|