A asistencia regular ás aulas dará ao alumno ou alumna o dereito de realizar os traballos titorizados e o diario. Se o alumno ou alumna non cumpre con este requisito de asistencia (é dicir, falta máis dun 20% das horas) será avaliado unicamente mediante a proba obxectiva fixada pola xunta de facultade. En ningún caso se permitirá o plaxio. De ser detectado en calquera traballo, exame ou outro documento entregado á profesora, este será avaliado directamente cun 0 (nunha escala do 0 ao 10). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar o respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |