Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Educación Primaria |
Subjects |
Teaching Diagnosis |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2019/20 | |||||||||||||
Subject | Teaching Diagnosis | Code | 652G02039 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Fourth | Optional | 4.5 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Mixed objective/subjective test | A3 A4 A6 A7 A11 | Valorarase a adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos por medio dunha proba obxectiva que poderá incluir preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. O sistema de corrección da dita proba será o seguinte: - Preguntas V/F: unha resposta incorrecta restará unha resposta correcta. - Preguntas de resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas – 1). - Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da resposta á pregunta formulada. |
50 |
Supervised projects | A4 A6 A7 B1 B9 B14 B17 B18 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 | Ao longo das sesións iránse desenvolvendo prácticas relacionadas cos contidos abordados nas sesións maxistrais. O alumnado deberá resolver as ditas prácticas de forma escrita, xustificando cada decisión tomada. Poderase realizar de forma individual ou grupal. Para cada unha das actividades especificarase: obxectivo, competencias a desenvolver, resultados de aprendizaxe, instruccións para o seu desenvolvemento y criterios de avaliación específicos. |
25 |
Oral presentation | B1 B9 B13 B17 B23 B24 C1 C3 | O caso ou casos traballados en las prácticas de "estudio de casos" y "simulación" serán avaliados na súa presentación oral na aula, por parte dos integrantes do grupo, que traballarán e exporán os seus resultados dun modo colaborativo. Os criterios chave para a valoración serán: (a) Adecuación da presentación ao esixido na actividade (b) Utilización dunha expresión oral (e escrita, apoiada en recursos TIC) adecuada, pertinente e non discriminatoria/non ofensiva (c) Orixinalidade, ou capacidade de atraer ao público ao que se dirixe Tamén se terá en conta a capacidade do alumnado para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos, para resolver problemas en entornos novos ou pouco conecidos, a súa integración para formular xuizos e para comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan. |
25 |
Assessment comments | |||
REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Asistir a clase. A asistencia a clase é obrigatoria nun 80% das sesiones tanto teóricas como prácticas. A docente poderá solicitar ao alumnado que firme unha folla tanto na entrada como na saída. - Asistir e participar en clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia) supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do tempo de clase. - Acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos. - Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de prazo ou a ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de suspenso. - Realizar as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na aula. - A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño. MODALIDADES DE AVALIACIÓN Tendo en conta a posible existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime de adicación do alumnado: AVALIACIÓN CONTINUA: modalidad de avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpla co requisito de asistencia dun 80%, tanto das sesións teóricas como prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (sempre que cumpla co réxime de asistencia): - Alumnado asistente: Será evaluado ao longo do proceso de aprendizaxe, a través da realización das actividades prácticas (son materia de exame) e a súa presentación oral, revisado pola profesora, así como da avaliación final por medio da proba mixta. - Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial: atendiendo á norma que regula o réxime de adicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue á docente. O alumnado que se adhiera a esta modalide será avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación: (a) Terá que entregar un dossier coas actividades prácticas (traballos tutelados e estudo de casos) de xeito individual que será valorado cun 30% da cualificación final da materia; isto é, 3 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1.5 punto). O prazo para a entregar será o mesmo que o dos compañeiros presenciais. (b) Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 70% da nota final; isto é, 7 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 3.5 punto). AVALIACIÓN FINAL: modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%), alumnado que non realiza a proposta do proxecto investifador e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (que no cumpra a asistencia do 80%). Para este alumnado, establécese que: (a) Terá que entregar un dossier cos traballos tutelados e estudo de casos de xeito individual, que será valorado cun 10% da cualificación final da materia; isto é, 1 punto sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 0.5 puntos). O prazo para a entregar será o mesmo que o dos compañeiros presenciais. (b) Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 90% da nota final; isto é, 9 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4.5 puntos). Neste exame, contará con una/dúas pregunta/s adicionais sobre os contidos prácticos da materia. Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitántodose o uso de plásticos. Ademáis se esixirá a utilización dunha linguaxe non sexista e non discriminatorio. |
|