Proba obxectiva |
A31 A32 B3 B13 |
Ao ser unha materia flexible que se vai construíndo segundo os centros de interese do alumnado guiado pola profesora, e de marcado carácter experimental, esta proba é un exercicio simple a modo de resumo individual do traballado durante o curso. |
10 |
Saídas de campo |
A33 A34 A35 B1 C4 C7 |
A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. |
20 |
Terase en conta a participación activa e dedicación, ademais da adquisición dos coñecementos propios da materia. O
alumnado que non chegue a unha asistencia do 80%, será avaliado coas mesmas metodoloxías e criterios que o alumnado matriculado a tempo parcial Ao tratarse dunha materia de marcado carácter práctico e vivencial non se aconsella ao alumnado con matrícula a tempo parcial. Así e todo, o alumnado que se acolla a tempo parcial, deberá realizar un traballo de curso individual e a proba obxectiva, sendo cualificados nun 50% cada unha destas metodoloxías. Para acollerse a esta modalidade, é condición necesaria asistir a titorías (mínimo 3) para facer un seguimento directo da construción do traballo de curso.
|