O traballo tutelado de estudo de caso en grupo compártese coa materia de Teoría da Educación. Recoméndase os envíos dos trabajos telemáticamente e non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, emplear papel reciclado e evitar imprimir borradores. Facer un uso sostible dos recursos e da prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Ter en conta os principios éticos relacionados coa sostenibilidade nos comportamentos personaiss e profesionais. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria |