Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Educación Social |
Subjects |
Social Pedagogy |
Assessment |
Identifying Data | 2019/20 | |||||||||||||
Subject | Social Pedagogy | Code | 652G03006 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
First | Basic training | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Student portfolio | A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 | Traballo reflexivo do estudante que se pode facer de maneira individual ou en pequeno grupo e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas. O portfolio pretende ser a memoria documentada dun proceso creativo e educativo, no que se recolle a súa evolución, de tal maneira que sexa posible apreciar un “relato coherente” que permita recompoñer unha determinada traxectoria temática. As competencias que se pretende valorar a través da realización e presentación do Portfolio teñen que ver coa capacidade de análise, síntese, reflexión e interpretación de situacións, información relevante, etc. Os criterios de avaliación son: -Profundidade da reflexión a partir da propia participación nas dinámicas desenolvidas nas sesións interactivas. - Grao de relación co marco teórico de referencia aportado nas sesións expositivas e nas lecturas recomendadas para cada temática. |
60 |
Long answer / essay questions | A1 A3 A5 A14 A16 | Comentario de texto que pretende a comprobación sobre o grao de desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia. Terá en conta o desenvolvemento dos contidos presentados nas sesións maxistrais e traballados nas actividades realizadas polo alumnado. A súa realización pódese apoiar na documentación achegada e noutras lecturas realizadas. É posible levar a documentación para a súa consulta no momento de realización da proba. Os criterios de avaliación relacionados con esta proba son: - Identificación da/s idea/s principai/s e secundaria/s do texto a través dun resumo breve. Se se empregase a modo de resumo un mapa conceptual ou un esquema deberán ser suficientemente completos e explicativos respecto dos conceptos/ideas e da súa relación (estrutura do texto). Valórase, por tanto, a capacidade descritiva e de síntese. - Ampliación dos conceptos ou ideas contidas no texto de referencia, e a súa asociación con outros conceptos e/ou ideas, ou o seu contraste –matizacións ou puntos de vista encontrados- que outros autores/as defenden, estimando a capacidade argumentativa. - Cando empreguemos os argumentos dun autor ou autora (ou os datos e/ou propostas dun estudo/informe concreto) coas nosas propias palabras citaremos a fonte. |
40 |
Assessment comments | |||
<p> Para aprobar a materia será preciso que cada un dos elementos de avaliación estean aprobados. Se algún dos elementos está aprobado e o outro non, gardarase para a segunda oportunidade a cualificación do elemento aprobado e só terá que recuperar o suspenso. </p><div>Para o alumnado que por razóns debidamente acreditadas (alumnado matriculado a tempo parcial ou ao que sobreveña algunha continxencia laboral e/ou persoal) non teña unha asistencia sistemática, fundamentalmente ás sesión interactivas, admítirase a dispensa académica, cunha asistencia mínima do 25%. A avaliación consistirá na proba de ensaio, vía comentario de texto, coas características e criterios citados e a realización do portafolios orientarase cara a lecturas coas correspondentes reflexións arredor das temáticas abordadas na materia. Ao alumnado daráselle unha guía relacionada coas temáticas e lecturas de referencia para orientar as reflexións. </div>
|
|