A materia optativa Orientación e políticas de emprego aporta competencias para a propia auto-orientación (análise do perfil e do mercado profesional da educación social e elaboración de ferramentas para a busca de emprego) e para e o exercicio profesional no eido da orientación ocupacional (políticas activas de emprego, entramado institucional europeo, estatal e galego no ámbito do emprego e da formación, análise do mercado laboral, etc.). Outra aportación interesante é a lectura comprensiva e crítica sobre o mercado laboral e sobre as políticas que se están aplicando e as súas consecuencias en termos de inequidade social ou de incremento das desigualdades sociais. COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados, os traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán impresos a doble cara e empregarán papel reciclado.
|