O envío do portafolios será telemático vía Moodle. De requirir o profesorado titor/a unha copia en papel, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Co fin de favorecer o axuste á planificación e temporalización da
materia, aquel alumnado que teña previsto solicitar a ampliación da
matrícula e incluir o practicum na mesma é necesario que o notifique un
mes antes do inicio das prácticas. Deberá remitir un email a practicum.educacion@udc.es, ainda que nese momento non cumpla os requisitos, co fin de facilitarlle as indicacións oportunas.
|