Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Orientación e políticas de emprego |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación e políticas de emprego | Código | 652G03031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Mapa conceptual | O alumnado confeccionará un mapa conceptual no que establecerá as relacións dos conceptos aprendidos na materia |
Análise de fontes documentais | O alumnado buscará na rede información e documentos necesarios para realizar os exercicios propostos na aula |
Discusión dirixida | O alumnado discutirá sobre as situación sociolaboral actual, as políticas de emprego desenvolvidas e o seu rol como educadores/as á hora de levar a cabo unha orientación laboral |
Portafolios do alumno | O alumnado recollerá nun portafolio os exercicios realizados durante o período da materia. Este portafolio servirá para avaliar ao alumnado e conterá tamén unha valoración final das aprendizaxes realizadas. |
Traballos tutelados | O alumnado elaborará distintos exercicios propostos na aula baixo a supervisión do profesor |
Lecturas | O alumnado terá que introducirse no hábito de lectura como fonte de actualización profesional importante para a toma de decisións con fundamento, para isto consultará diariamente o DOG na busca de información relevante para a materia |
Sesión maxistral | O profesor explicará os conceptos teóricos da materia utilizando tamén o diálogo dirixido e facendo partícipe ao alumnado nas clases, de xeito que resulten máis dinámicas e interactivas |
Seminario | Forma parte do Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación social. A súa finalidade é dupla. Por unha parte, trátase de visibilizar referentes profesionais que utilizan o galego como lingua de traballo. Por outra, permite achegar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos |
Actividades iniciais | O profesor realizará unha actividade inicial de sondeo para analizar as ideas previas do alumnado sobre a materia en cada unha das sesións e así conectalas coa información que se vai proporcionar nesa clase |
|