A materia "Cuestións filosóficas do mundo contemporáneo" proponse prantexar ao alumno,
desde una perspectiva filosófica (polos conceptos e teorías ós que se recurre, tomados do
pensamento do século XX), unha reflexión sobre algúns dos principais desafíos que debe afrontar a sociedade contemporánea. Trátase de cuestións que afectan, desde un punto de vista
reflexivo, á labor dos educadores sociais, pois as dificultades prácticas que estes teñen que afrontar non poden desligarse dalgúns dos grandes problemas abordados pola filosofía
do pasado século.
Cuestións como o debate en torno á posmodernidade, a presencia da barbarie na historia
máis recente, a crítica dunha racionalidade unilateralmente orientada ó científico-técnico, os
procesos de emancipación da muller ou a impronta da secularización na nosa situación
cultural cóntanse entre os asuntos a reflexionar a partir de textos filosóficos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías