Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
 Asignaturas
  Xerontoloxía Social I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Xerontoloxía Social I Código 653491002
Titulación
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
Profesorado
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Millan Calenti, Jose Carlos
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
jose.millan.calenti@udc.es
Web
Descrición xeral Obxectivos: * Coñecemento do fenómeno sociodemográfico do envellecemento. * Comprender a ancianidade e o proceso de envellecemento dentro do contexto social global. * Entender o envellecemento poboacional. Procesos e factores. * Coñecer as metáforas da vellez e a súa imaxe social. * Distinguir entre vellez clínica e vellez social. Acordos e desacordos. * Valorar axeitadamente o fenómeno da xubilación e os recursos de preparación para esta. * Coñecer e comprender as relacións familiares e interxeracionais no ámbito da vellez. * Afondar nas etapas da vellez e o posible incremento das carencias cos seus procesos de adaptación. Illamento e soidade. * Entender o estado da cuestión do binomio dependencia/autonomía. * Afondar nas políticas sociais dirixidas ás persoas maiores. Diferentes modelos. * Coñecer os servizos sociais en Xerontoloxía. Servizos primarios e especializados. * Estudo da planificación social na Xerontoloxía e o estudo de necesidades e demandas. Coñecer os modelos de programación, xestión e avaliación. * Afondar no estudo dun lecer activo cun tratamento especial do turismo social. * Coñecer os procesos da saúde e a calidade de vida co desenvolvemento de hábitos saudables e programas preventivos. *Estudo da problemática social e familiar dos maiores dependentes. * Estudo da ética e lexislación no benestar social das persoas maiores. * Análise dos métodos e técnicas da ciencia sociolóxica para o desenvolvemento de proxectos de investigación sobre a vellez e a ancianidade.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes