Considerarase como
“Non presentado” (NP) aquel ou aquela
estudante que, estando matriculado nunha materia, non
concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o
curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación,
considerarase que deberá ser cualificado/a como “Non presentado”: a) cando non completase o proceso
de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando
non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP
non consome convocatoria no número total de convocatorias que o/a estudante
ten por materia.
Con carácter xeral, a
avaliación das materias será continua ao longo do curso, sen prexuízo do
indicado nas memorias de verificación da titulación. A cualificación final será
consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de
avaliación. Como norma xeral incluirase unha actividade de avaliación para
realizar nas datas establecidas no calendario académico oficial. Esta
actividade tamén poderá establecerse como proba global de avaliación dos resultados
de aprendizaxe ou, no seu caso, formar parte do proceso de avaliación continua.
As guías docentes deberán establecer a ponderación das distintas actividades de
avaliación e, no seu caso, da proba global, no marco que o centro puider
establecer.
Valorarase a
puntualidade e a asistencia obrigatoria a todas as horas presenciais das metodoloxías que computan para a avaliación da materia. Só se consideran ausencias xustificadas as relacionadas coa atención sanitaria ou causa de forza maior. En todo caso, debe xustificarse a ausencia documentalmente.
Para aprobar a
materia, o/a estudante debe participar activamente nas metodoloxías propostas,
entregar todos os traballos e ter superadas cada una das metodoloxías que conforman o proceso de avaliación da materia. Ademais, será necesario ter unha calificación mínima de
1.75 (sobre 3.5) puntos na proba mixta, e só se terán en conta para a
calificación final as notas das outras metodoloxías, se o/a alumna/a acada dita
puntuación na proba mixta. En caso contrario, a nota da convocatoria
corresponderá á nota obtida na proba mixta. As notas obtidas no resto de
metodoloxías serán tidas en conta para a súa calificación na segunda
oportunidade (xullo), no caso de telas aprobadas e superada a proba
mixta.
Segundo a norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as
estudantes de grao na Universidade da Coruña
(aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un estudante teña
recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar
dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa
académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto
non afecte negativamente ao proceso de avaliación do/a estudante. A ese efecto, as Comisións
Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada
dispensa. Por tanto, a concesión á
solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da
comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as
metodoloxías e criterios de avaliación das materias.