Oral presentation |
Dado que o alumno está cursando unha materia básica cunha importante aplicación práctica, o alumno debe ter adquirido unhas destrezas prácticas que lle permitan exponer, transmitir e defender oralmente os efectos derivados do proceso de enxino-aprendizaxe. Nas sesións presenciais terá a posibilidade de facer exposición tanto dos apartados dos contidos teóricos da materia, como das prácticas propostas. |
Objective test |
Nas datas aprobadas en Xunta de Centro se levará a cabo una proba obxectiva na que o alumno terá que responder ás preguntas dun cuestionario teórico-práctico (test de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto) ou preguntas de resposta aberta (breve explicación, resumo, representación e interpretación de gráficas, resolución de problemas, etc..) ou de ambos tipos. |
Guest lecture / keynote speech |
É a información ou desenvolvemento de contidos que incide sobre o nivel de coñecementos do alumno e que serven de punto de partida para a consolidación das aprendizaxes. A lección maxistral consiste na exposición oral e sistematizada por parte do profesor, có fin de transmitir certos coñecementos ao alumno. É un recurso didáctico que permite ao profesor transmitir con precisión os conceptos mais importantes da materia, e deberá polo xeral, reflectir coñecementos que lles sería difícil de atopar aos alumnos por outros meios. A lección maxistral servirá fundamentalmente para transmi-los contidos do programa dunha forma sistematizada e respetando unha orde expositiva que teña en conta os aspectos seguintes: - Exposición dun marco global inicial que permita centra-lo tema. – Análise dos aspectos principais que integran o tema. –Sintese integradora do exposto. – Fixación breve e sinóptica do tema. Tanto nos temas teóricos como nos prácticos o obxetivo é presentar e desenvove-los contidos con rigor científico e claridade expositiva. A eficacia da exposición depende, nun alto grao, do estilo do profesor e do correcto emprego dos distintos recursos instrumentais. |