CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN
1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes :
a proba obxectiva que representa o 60% da nota , e o conxunto de prácticas
realizadas durante o curso ,que comprenderá o 40% restante. A entrega das
prácticas para a súa valoración polo profesor só poderá realizarse na
plataforma Moodle e dentro do plazo indicado en cada caso polo profesor.
Asimesmo lémbrase ós alumnos que a asistencia ás clases é obrigatoria de modo
que só podrán valorarse ás prácticas dos alumnos que asistan ás clases o, en su
caso, conten coa correspondente dispensa do profesor . Para ello é preciso
comunicalo con antelación e aportar o correspondente xustificante da causa que
impida a asistencia ás clases. ( A dispensa no eximirá da entrega das prácticas
dentro do prazo asignado).
2º) Na convocatoria de Xullo o 100% da nota obterase mediante a
realización dunha proba obxectiva que podrá valorar tanto os coñecementos
teóricos como prácticos dos alumnos.
3º) Como alternativa,
aqueles estudantes que non poidan realizar o seguimento da materia, por ter
recoñecida a dispensa de docencia, pode optar por examinarse nunha proba
obxectiva (teórico-práctica) durante os períodos de avaliación establecidos oficialmente. O valor
desta proba representa o 100% da nota. De non obter o 50% do total da
cualificación na devandita proba, o alumno aparecerá como suspenso na
convocatoria ordinaria e só poderá ser reexaminado na segunda oportunidade
(normalmente xullo) conforme ó expresado no apartado 2º).
Todos os alumnos deben
explicar ao profesor por correo electrónico se solicitaron a renuncia e se foi
concedida e debe indicar se a súa avaliación será AVALIACIÓN CONTINUA ou PROBA
OBXECTIVA FINAL .
O ALUMNADO NON PODE
EVALUARSE POR AVALIACIÓN CONTINUA E SIMULTANEMENTE POR PROBA
OBXECTIVA FINAL (DISPENSA)
Se non se indica
expresamente o sistema de avaliación nun plazo prudencial, entenderase que o
alumnado opta por avaliación continua.