AVALIACIÓN CONTINUA.CONSISTIRÁ EN realizar como mínimo o 25%
da parte correspondente a OBRADOIROS, o 25% da SESIÓN MAXISTRAL e presentarse
á PROBA OBXECTIVA.
A nota final será a suma das
cualificacións obtidas nas tres metodoloxías , NA CONVOCATORIA ORDINARIA (XANEIRO).
Se o alumno non consigue acadar o 50% coa suma das tres metodoloxías na convocatoria
ordinaria (xaneiro), terá a avaliación suspensa e poderá volver examinarse na
oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única PROBA
OBXECTIVA por valor do 100% da cualificación, versando tanto sobre contidos
teóricos como prácticos do programa.
EXAME FINAL
Como alternativa, aqueles alumnos que non poidan facer un
normal seguimento da materia por ter recoñecida a Dispensa da Docencia, poderán optar
por examinarse do 100% da cualificación por medio dunha PROBA OBXECTIVA final.
De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará
suspensa na convocatoria ordinaria (xaneiro) e poderán volver examinarse na
oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única PROBA
OBXECTIVA por valor do 100% da cualificación, versando tanto sobre contidos
teóricos como prácticos do programa.
TODOS OS ALUMNOS farán constar por
medio de un correo electrónico dirixido a maria.romani@udc.es
se optan por AVALIACIÓN CONTINUA ou
EXAME FINAL, no prazo dos 15 primeiros días dende o comenzó do curso.O profesor
enviará una resposta a cada un dos alumnos comunicando que o correo foi
RECIBIDO. De no recibir o alumno esta
resposta, deberá poñerse en contacto co profesor na clase ou a través de la administración
del centro. De non constar expresamente a decisión de
evaluación por parte do alumno nos quince días posteriores ao comezo do curso
académico, entenderase que se opta pola AVALIACIÓN CONTINUA. A elección é
definitiva e irreversible para a convocatoria en curso.
As adaptacións
curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas
específicas serán pautadas pola Comisión de docencia do centro, previo informe
do PAT