Saídas de campo |
A30 B13 |
Está prevista unha visita a organismos da Seguridade Social. No caso de que non sexa posible se valorará a asistencia alomenos a un Congreso, curso ou conferencias indicados polo profesor organizados por ERLAC ou entidades Colaboradoras. |
10 |
Proba obxectiva |
A2 A3 A7 A31 B1 C1 C2 |
Proba escrita sobre o temario da asignatura que valorará unha parte teórica e outra de resolución de supostos prácticos. |
50 |
Será imprescindible obter o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados para avaliar para que se sumen as diferentes metodoloxías a fin de obter a nota media final. De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das metodoloxías, o alumno non superará a materia.
Como alternativa, aqueles alumnos que non poidan facer un normal seguimento da materia, poderán optar por examinarse do 100% do seu cualificación por medio dunha proba obxectiva final. De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100% da cualificación, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa.
Todos os alumnos farán constar de forma visible na súa ficha de alumno se optan por AVALIACIÓN CONTINUA ou EXAME FINAL. De non constar expresamente, ou non entregar a ficha nos quince días posteriores ao comezo do curso académico, entenderase que optan polo EXAME FINAL. A elección é definitiva e irreversible para a convocatoria en curso.
As adaptacións curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola Comisión de docencia do centro, previo informe do PAT
A proba obxectiva conterá catro partes: Proba tipo test de 20 preguntas con tres respostas alternativas, preguntas de resposta curta, exposición dun tema e un caso práctico. Será preciso obter o 50% na parte teórica e o 50% na práctica para poder superar o exame
|