A materia Basees para a Interpretación do Coñecemento Científico
establece os elementos metodolóxicos, cuantitativos e cualitativos, que
necesita o/a estudante para ser consumidor crítico/a da información
científica da súa disciplina. É por iso que en todas as materias
posteriores de 2º, 3º e 4º Grao de Enfermería os/as estudantes, de modo
transversal, terán que facer uso das competencias adquiridas nesta
materia. Será unha necesidade, nas materias subseguintes, profundar
desde un enfoque práctico e clínico na capacidade do/a estudante para
consumir información científica, realizar unha análise crítica da mesma,
aplicala no contexto de cada materia e nos casos que o precisen tomar
decisións clínicas. |