Estudo de casos |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B21 B24 C1 C3 C6 C7 C10 C11 C12 |
Valorase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos , a capacidade de análise e comprensión da situación, asi como a idoneidade das solucións formuladas.
Cando a asistencia aos estudios de casos sexa obrigatoria valorarase a capaciade de interacción dentro do grupo e as aportacións durante o proceso de reflexión colexiada. |
15 |
Traballos tutelados |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B21 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
A realización dos traballos tutelados será obrigatoria e de carácter grupal. A avaliación dos traballos inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo e a valoración de competencias específicas e transversais. Farse tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración , identificación de problemas (DdE e CP) e establecemento de prioridades, e selección de resultados e intervencións de enfermaría (NOC, NIC). Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 15% da cualificación final. |
15 |
Proba mixta |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 B8 B12 B13 B15 B16 C1 C11 C12 |
Realizaranse unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ao finalizar o curso. As probas constarán de preguntas curtas, tipo test e casos clínicos, relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos e traballos tutelados Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Esta proba suporá o 70 % da cualificación final. |
70 |
Prácticas de laboratorio |
A15 |
A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria. A superación lograrase cando o estudante adquira as habilidades e destrezas necesarias no desenvolvemento dos procedementos e técnicas. A avaliación dos coñecementos incluese nas preguntas da proba mixta. |
0 |