Traballos tutelados |
B5 B7 C1 C2 C3 C5 C6 |
Con esta metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, preténdese que os estudantes asuman responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. En torno aos diferentes temas explicados nas sesións maxistrais propoñerase a realización dun traballo individual ou en grupo. |
5 |
Aqueles alumnos que non completen un mínimo do 50% da asistencia a clase non se lle puntuará a devandita asistencia.
Aqueles alumnos que non presenten os traballos nin completen a asistencia mínima esixida, concorrerán á proba final cun máximo de 6 puntos. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: agás para as datas aprobadas oficialmente no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo. Fóra dos previstos no regulamento, en ningún caso se cambiará a data de ningunha proba.
|