Os traballos tutelados son
obrigatorios para a avaliación e o alumno terá que obter un mínimo de 5
para facer media co exame,
1ª Oportunidade: a parte práctica ten un valor dun 60%, a
parte teórica ten un valor dun 40%. Aqueles que non teñan un mínimo dun 5
na parte práctica teñen que facer un exame dun 100% da avaliación onde
incluiráse preguntas relacionadas coa práctica feita durante o curso.
Permítese unha dispensa de asistencia máxima dun 20%. A partires do 20% tense que xustificar por motivos de traballo, prácticas ou enfermidade, de non ser así, pode quedar afectado a porcentaxe de avaliación de ambas as partes.
2ª Oportunidade: gárdase a nota da parte práctica de traballos obrigatorios feitos, no caso de ter mínimo un 5 na mesma, durante o curso.
O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente á EUT-CENP
poderá facer os traballos obrigatorios, e
facerlos chegar ao profesor para a súa avaliación, estes alumnos poderán
facer o exame nas mesmas condicións que o resto de alumnos, pero
aqueles que non fagan a parte práctica terán que facer un exame dun 100%
da avaliación onde incluiráse preguntas relacionadas coa práctica feita
durante o curso.