Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Arquitectura Técnica |
Grao en Arquitectura Técnica |
Asignaturas |
Fisica Aplicada II |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Fisica Aplicada II | Código | 670G01007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba obxectiva | Probas obxectivas breves que o profesor poderá propor periodicamente na aula para realización persoal. Serán do tipo exercicios prácticos e cuestións teóricas/de razoamento sobre temas ou módulos do programa. Os exames das oportunidades oficiais de avaliación son tamén probas obxectivas, dunha duración que será establecida polo Centro no seu calendario. |
Solución de problemas | Resolución e exposición polo estudante de exercicios e/ou problemas relacionados co programa da materia. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Participación activa en eventos científicos ou de divulgación que se realicen no centro, na unversidade ou en emprazamentos externos, por exemplo, visitas guiadas de interese científico-técnico. |
Traballos tutelados | Traballos ou Proxectos de realización individual ou de grupo en desenvolvemento dalgún problema relevante en relación coa materia. |
Prácticas a través de TIC | Realización e Informe de prácticas mediante ferramentas tecnolóxicas que se atopen dispoñibles no Centro ou poidan ser accesibles aos estudantes. |
Prácticas de laboratorio | Realización e Informe de prácticas experimentais utilizando recursos do Centro ou do Departamento de Física. |
Sesión maxistral | Presentación polo profesor dos conceptos e leis físicas asociados aos fundamentos dos bloques temáticos. O temario impartido nestas clases acompáñase de diversos exemplos e ilustracións para facilitar a súa comprensión. Ademais, o alumnado terá á súa disposición diverso material relacionado coa materia na plataforma Moodle. |
|