Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Arquitectura Técnica |
Grao en Arquitectura Técnica |
Asignaturas |
Materiais II |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Materiais II | Código | 670G01012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Realizarase unha presentación xeral da materia, con indicación das pautas a seguir, así como os elementos a utilizar durante o desenvolvemento da materia. |
Sesión maxistral | A sesión maxistral é a metodoloxía a empregar nas clases expositivas. Realizarase a exposición oral de cada lección, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Planifícanse 27 horas presenciais e 42 que o alumno debe destinar ao estudo, preparación de apuntamentos, así como á consulta e estudo da bibliografía recomendada co fin de complementar a súa formación. |
Prácticas de laboratorio | Dentro das Clases Interactivas inclúese a metodoloxía de Prácticas de laboratorio. Contempla este apartado: * Realización de prácticas de laboratorio: Realizaranse tres prácticas de laboratorio: Análise granulométrico dunha area, fabricación dun formigón en laboratorio, para posteriormente realizar os ensaios de consistencia e resistencia a compresión e aplicacións e usos do esclerómetro, ultrasóns e extracción de testemuñas de formigón. |
Proba obxectiva | Trátase dunha proba escrita utilizada para avaliar a aprendizaxe. Esta proba permite avaliar coñecementos, capacidades e destrezas adquiridas polo estudante. Exporanse unha serie de preguntas con resposta breve, relacionando os distintos conceptos traballados durante o curso. Contémplase a realización dunha proba tipo test, expondo unha cuestión en forma de pregunta directa, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só una delas é válida. |
Solución de problemas | Exporase a resolución dun ou dous exercicios, nos que a partir duns datos de partida o alumno terá que obter a solución á problemática exposta. Con esta metodoloxía preténdese avaliar os coñecementos básicos desenvolvidos nas clases de realización de exercicios. |
Análise de fontes documentais | Utilizaranse documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, fotografías, artigos de revistas, etc.) co fin de proceder á súa análise. |
|