A materia pretende introducir o alumnado no estudo das formas que adopta o libro manuscrito antigo e medieval. Préstase especial atención á descrición morfolóxica dos soportes de escritura e aos procesos polos que estes pasan para recibiren a escritura. Outro aspecto salientable é a descrición e catalogación de libros antigos, na que se centra a parte práctica da materia. As prácticas de análise fanse sobre facsímiles e recursos electrónicos. Se fose posible, intentarase organizar unha visita a un arquivo ou biblioteca para que o alumnado teña contacto directo con algún manuscrito medieval.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías