Guía DocenteCurso Facultade de Humanidades e Documentación |
Grao en Xestión Industrial da Moda |
Asignaturas |
Fundamentos Matemáticos e Ferramentas para a Análise de Datos |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos Matemáticos e Ferramentas para a Análise de Datos | Código | 710G03014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Impartiranse clases maxistrais nas que o profesor explicará, con axuda de medios audiovisuais adecuados, os principais contidos da materia. |
Solución de problemas | Realizaranse seminarios consistentes na resolución de problemas, en grupos pequenos, co obxecto de fixar os conceptos mostrados nas sesións maxistrais e proporcionar aos alumnos coñecementos das metodoloxías para a resolución práctica de problemas mediante a estatística. |
Prácticas a través de TIC | Nas clases prácticas introducirase ao alumno ao manexo do software estatístico R. Mostraranse e aplicarán ferramentas computacionais para a resolución de problemas mediante a análise estatística de datos, xa sexa a partir de datos simulados ou reais. |
Proba de resposta múltiple | Ao finalizar o curso, realizarase unha proba/exame tipo test de 15 a 20 cuestións, tanto prácticas como teóricas. |
Traballos tutelados | Propoñerase aos alumnos a elaboración dun traballo en grupo (de 2 a 4 persoas) consistente na aplicación das ferramentas estatísticas e computacionais mostradas en clase a un caso de estudo particular, descrito por datos reais ou simulados. Tamén poderá realizarse un traballo consistente na descrición dun caso de estudo na industria e a xestión no que leve a cabo a resolución dun problema real a partir da aplicación de técnicas estatísticas. Outra alternativa será a ampliación de ferramentas estatísticas e da análise de datos, a súa utilidade e a súa aplicación na industria e xestión de empresas, en particular, as relacionadas co sector da moda. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Faranse presentacións, charlas, pequenos cursos ou seminarios de profesionais do sector da moda e/ou análise de datos que complementen o ensino impartido e que proporcionen unha perspectiva global da importancia e utilidade da análise de datos nesta industria. |
|