Guía DocenteCurso Facultade de Enfermaría e Podoloxía |
Grao en Podoloxía |
Asignaturas |
Reeducación funcional das afeccións podolóxicas |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Reeducación funcional das afeccións podolóxicas | Código | 750G02037 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A23 A39 A45 A50 A54 A55 A60 B2 B4 B5 B13 B19 | A valoración das prácticas de laboratorio fai referencia fundamentalmente á actitude e participación activa e con aproveitamento das mesmas, que se traduce na correcta execución e no grado de perfeccionamiento alcanzado nas técnicas ensinadas. | 10 |
Estudo de casos | A50 A54 A55 A60 B2 B3 B12 | Entrega en tempo e forma das resolucións de casos clínicos plantexados ao longo do curso, e que se solicitarán con antelación suficiente para a súa realización e con posibilidade de establecer grupos de discusión para un maior aproveitamento. Os casos clínicos asignaranse por parellas durante a primeira metade do cuatrimestre. Contarán cunha descripción básica do suposto clínico, así como unha descripción das probas de avaliación efectuada e os seus resultados. Os estudantes deberán entregar unha memoria da resolución na que deberán: 1) replicar as probas, describir a súa execución práctica e os valores normativos. 2) ampliar con todas aquelas probas de exploración que estimen oportunas e relevantes para a resolución do caso. 3) propoñer un programa de tratamento funcional do caso e as disfuncións que o caracterizan 4) apoiar a resolución do caso con material preferentemente audiovisual (vídeos e ou fotografías), da realización das probas de exploración física e do tratamento proposto. 5) ao final do curso, os estudantes deberán presentar oralmente a resolución do caso diante de todolos compañeiros, promovendo un foro de debate. A memoria será valorada sobre un máximo de 2 puntos (20% da calificación) e a presentación oral sobre un máximo de 1 punto (10% da calificación). |
30 |
Proba mixta | A11 A23 A60 B3 B12 C1 | A proba mixta consistirá nunha combinación de preguntas tipo test de resposta única e sen penalización por erro cometido, e unha ou varias preguntas curtas acerca da valoración e/ou resolución dun caso clínico plantexado durante o curso. | 50 |
Sesión maxistral | A4 A11 A23 A54 A55 A60 A62 B1 B3 C6 | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Valorarase fundamentalmente a asistencia e participación activa nas mesmas, a través da entrega puntual de pequenas probas de coñecemento de respuesta inmediata (metodoloxía socrative) que facilitan a asimilación das ideas clave. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Para superala materia será obligatorio: 1. A asistencia a un mínimo do 70% das sesións prácticas 2. Únicamente se contempla a posibilidade dun 20% de faltas de asistencia a sesións prácticas sen aportalo correspondente xustificante 3. Obter unha calificación superior a 5 puntos sobre 10 na proba mixta. Esta proba terá, con carácter xeral, un tempo máximo de execución de 1 hora. Dado o carácter práctico e con orientación clínica da materia, non se contempla a posibilidade de dispensa académica que exima aos estudantes a tempo parcial da asistencia ás clases prácticas. Non se contemplan metodoloxías de avaliación diferente para aqueles estudantes con matrícula parcial ou en segunda matrícula e posteriores, independentemente de que se conserve a calificación obtida na avaliación continuada do bloque práctico e interactivo. Asignarase a calificación de Non Presentado aos estudantes que non se presenten á proba mixta, independentemente de que se conserve a calificación obtida na avaliación continuada do bloque práctico e interactivo. Os estudantes que alcancen unha calificación igual ou superiora 9.0/10 podrán optar á mención de Matrícula de Honra, dacordo aos cupos establecidos no artigo 21 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" de la UDC. A matricula de honra será otorgada en todo caso á/ás calificación/s globais máis altas. |
|