Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias do Traballo |
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011) |
Asignaturas |
Análise Contable |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Análise Contable | Código | 760492006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A2 B2 B3 C1 | A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. | 40 |
Discusión dirixida | B2 B4 B7 B8 | Pedirase aos estudantes que participen activamente ao longo do cuadrimestre tanto na aula presencial como virtual (expondo opinións, resolvendo dúbidas, participando no debate de temas previamente preparados, avaliando o traballo dos demais estudantes, etc.). | 15 |
Estudo de casos | A2 B3 C1 C3 C7 | Pedirase aos estudantes que resolvan un caso práctico de análise contable traballando en grupo. Valorarase de xeito conxunto, tendo en conta o rigor na resolución, o traballo en equipo e o axeitado uso de TIC (folla de cálculo, ferramentas de presentación, bases de datos, etc.). | 30 |
Presentación oral | B9 C4 | Pedirase aos estudantes que presenten na aula o caso práctico de análise contable resolto previamente en grupo. Valorarase a presentación oral de xeito individual, tendo en conta a presentación e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. | 15 |
Observacións avaliación | |||
O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidos na clase e no foro virtual. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes metodoloxías de avaliación acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo. Cualificación de non presentado. Se non se entrega e presenta o caso práctico de análise contable, a cualificación nesa oportunidade será non presentado. Avaliación da segunda oportunidade Realizarase cos mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade. Condicións de realización dos exames Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. |
|