O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidos na clase e no foro virtual. Valorarase positivamente a participación activa na aula/foro virtual, tendo en conta tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus compañeiros.
Prácticas a través de TIC. A entrega das prácticas para a súa valoración só poderá realizarse na plataforma Moodle e seguindo as indicacións dadas polo docente.
Aprendizaxe-servizo / Traballos tutelados. Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías, a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final.
A cualificación de non presentado aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada.
Alumnado que se atope en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Seguirá o mesmo sistema de avaliación. Para o exame parcial ou entrega de probas realizadas durante as sesións, acordarase un calendario específico compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto coa profesora da materia antes do 30 de setembro.
Avaliación da segunda oportunidade. Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade.
Por último, no caso de que ao estudante se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e só nese caso, realizarase unha proba práctica encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia, podendo o docente solicitar a defensa oral de parte da proba práctica. A valoración conxunta da proba mixta e a defensa oral representará o 100% da cualificación na acta.