Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A36 B1 B2 B4 B5 C1 C2 C5 C6 C7 |
A defensa do TFG será realizada polo alumno oralmente e perante un tribunal constituido para o efecto, durante un tempo máximo de 20 minutos.
A exposición será un acto público e o alumno contestará a cantas preguntas e aclaracións estimaren convenientes o membros presentes do tribunal.
O tribunal estará constituido da seguinte forma:
Presidente, secretario e un vogal elixidos entre o profesorado da titulación afin ao tema que for obxecto do TFG.
Ao mesmo tempo que o alumno entrega o TFG, o titor ha de entregar o informe, no que se valora a dedicación do alumno, o contido técnico, a realización e orixinalidade do proxecto, así como a edición e presentación da documentación.
O tribunal cualificará a edición e presentación da memoria, o traballo realizado, a orixinalidade, a defensa e presentación oral, o contido técnico e/ou tecnolóxico, a realización e/ou materialización do TFG e a aplicación tecnolóxica.
|
100 |