Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A33 |
Exame final 1ª parte (proba pactada co alumnado o principiar as clases)
Realizarase un exame dividido en dúas partes, nunha primeira se desenrolarán preguntas de teoría e nunha segunda parte faranse un ou dous problemas, segundo criterio do profesor. Os temas que abrangue esta primeira proba obxectiva van dende o primeiro (radiación solar) continuando cos temas de solar fotovoltaica (temas II.III,IV,V) ase como a parte de solar térmica (temas VI,VII,VIII). A distribución na cualificación dos diferentes pesos correspondentes a cada unha das partes da proba, está suxeito o criterio do profesor, que os distribuirá tendo en conta os grados de dificultade. Dito criterio notificarase no momento de principiar a proba obxectiva.
|
30 |
Proba obxectiva |
A33 |
Exame final 2ª parte
Realizarase un segundo exame nas datas aprobadas pola escola, dita proba estará dividida en dúas partes: unha na que se desenrolarán preguntas de teoría que inclúen os restantes capítulos do temario (temas do IX o XVII), e outra parte despois dun descanso na que o alumno deberá vir con calculadora, unha regra e bolígrafo, faráselle entrega dos enunciados de problemas.
O alumno que renuncie a partición do exame final realizará unha unica proba obxetiva, dita proba estará dividida en duas partes: unha con preguntas de teoría de todo o temario e unha segunda parte de problemas.
A distribución dos pesos das diferentes partes das probas obxetivas faráse en función do grado de dificultade das partes. O mestre notificará dito criterio no intre de comezar a proba obxetiva. |
30 |
Presentación oral |
A1 |
E imprescindible a defensa oral para recibir a cualificación do traballo tutelado
Na presentación oral o alumno disporá de media hora como máximo. A defensa farase en audiencia pública para o resto de compañeiros que estando nas mesmas condións aceptaron a opción de realizar o miniproxecto. |
5 |
Saídas de campo |
A33 |
A asistencia as saidas de campo e obrigatoria e aporta un 5% do computo da avaliación.
As saídas de campo avaliaranse cun cuestionario que se entregara cos exames das convocatorias ordinaria e 2ª oportunidade, normalmente farase coa parte de teoría de ditas probas obxetivas, aportando un 5% |
5 |
Sesión maxistral |
A5 A32 A33 B1 B2 B4 B5 |
A presenza e participación nas clases aportará un máximo de 5 sobre 100 co 100 % da asistencia. A relación asistencia puntuación non será lineal, asistencia inferior o 50% non puntuará. Esta puntuación engadirase a nota se o alumno supera o 40% dos pesos das probas obxectivas. |
5 |
Traballos tutelados |
A4 B9 C3 |
O alumno que acadando nota superior a 4 na convocatoria ordinaria ten a opción de realizar , defender e aprobar un miniproxecto consegindo deste xeito unha calificación apta na convocatoria de 2ª oportunidade (xullo)
Traballo que entregará nun prazo fixado polo profesor. Caracteristicas do traballo que fixará o profesor e que defenderá o alumno cunha presentación oral.
|
15 |
Solución de problemas |
A33 |
O alumno entregará nos prazos estipulados polo profesor cada un dos problemas da colección que se lle requira. A escolma de problemas que se lle facilitará colgará da paxina web da UDC Quedando a liberdade do profesor a petición individual de defensa das resolución dos problemas, ase como a entrega dos mesmos o alumno xa corrixidos. Podendo acadar como máximo 5 puntos sobre os 100 de cualificación final máxima da asignatura . |
5 |
Prácticas de laboratorio |
B5 C3 |
As prácticas de laboratorio faranse en función dos recursos existentes na escola estas poden ser empregando elementos reais o empregando software habilitado no laboratorio. |
5 |
|
Observacións avaliación |
As probas obxectivas son liberatorias o acadar unha cualificación igual o superior o 50% da cualificación máxima do exame.
As probas obxectivas Son compensatorias acadar unha cualificación maiores o iguais o 35 % da cualificación máxima do exame. No caso de organizarse e obrigatorio a asistencia as visitas .
As partes liberadas terán validez para as convocatorias dese ano académico. Se o alumno optase por un único exame, a estructura da proba
obxectiva sería a mesma: parte teoría e parte problemas sendo o seu peso do 60%. A parte porcentual na cualificación das saídas de campo é dun 10%. se
xurdise algún impedimento para facer total o parcialmente as saídas de
campo a porcentaxe da cualificación engadiríase equitativamente as dúas
probas obxectivas, o a única proba no caso de acordar un único exame. Queda a criterio do mestre a posibilidade de puntuar ata un máximo dun
20% a realización de actividades extracurriculares, propostas na area de
enxeñaría eléctrica de tematica vinculante ou afin a materia, ditas actividades
consistirían na, asistencia a conferencias, simposios ou xornadas, realización
de prácticas de empresa,etc.
|