Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Competencias / Resultados do título


TipoA Código  
  Investigador
  AI1 Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística.
  AI2 Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas.
  AI3 Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística.
  AI4 Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos.
  AI5 Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
  AI6 Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada.
  AI7 Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...).
  AI8 Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada.
  AI9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
  AI10 Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador.
TipoB Código  
  Investigador
  BI1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  BI2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BI3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BI4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  BI5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
  BI6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
  BI7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
  BI8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
  BI9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
  BI10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominio da expresión e a comprensión oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM5 Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes