Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Técnicas de Preparación da Mostra
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A2 A6 A7 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C1 C3 C4 Resolución de problemas e/ou casos prácticos (10%)
Realización de traballos e informes escritos (10%)
Exposición oral (traballos, informes, problemas e casos prácticos) (10%)
Avaliación continua do interese e actitude do alumno mediante preguntas e cuestións durante o curso (10%)
40
Proba mixta A2 A6 B2 Realizarase un exame final que versará sobre a totalidade dos contidos da materia. 60
 
Observacións avaliación

- A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final, estando condicionado o acceso ao exame á participación en polo menos o 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria  (sesións de seminarios e atención personalizada).

- A avaliación continua (N1) terá un peso do 40% na cualificación da materia e constará de sesións de seminarios e atención personalizada que incluirán:

        . Resolución de problemas e/ou casos prácticos: 10%

        . Realización de traballos e informes escritos: 10%

        . Exposición oral: 10%

        . Avaliación continua mediante preguntas e cuestions o longo do curso: 10%

- O exame final (N2) versará sobre a totalidade dos contidos da asignatura.

- A cualificación do alumno obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:

                          Nota final= 0,4 x N1 + 0,6 x N2

Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10).

- Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez.

O alumno
con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia será avaliado mediante a
cualificacion obtida no exame final (80%) e a realización de traballos tutelados (20%).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes